

A actividade industrial afecta ao clima desde mediados do s.XX. Nos últimos 100 anos, a temperatura da terra aumentou 1˚C, o nivel do mar subiu 8 cm, o pH do océano descendeu e os eventos climáticos son máis extremos e frecuentes. Agárdannos enormes custos e menor capacidade de producir alimentos. As achegas da investigación mariña no coñecemento do cambio climático son clave, polo que o CIM converteu este desafío nunha prioridade. Contamos con equipos pluridisciplinares que abordan o problema desde tres perspectivas: paleoclima, observación e modelización, o que permite entender os efectos socioecolóxicos sobre os sistemas vulnerables de forma anticipada, contribuindo á planificación e formulación das políticas de adaptación e xestión do Cambio Climático.