Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020
“Unha maneira de facer Europa”
Centro de investigación da Rede CIGUS
O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo é un dos oito centros que forma parte da Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (CIGUS). A calidade e o impacto da súa investigación está acreditada pola Xunta de Galicia.
Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 “Unha maneira de facer Europa”
O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo é un dos oito centros de investigación do Sistema universitario de Galicia (SUG), acreditación outorgada o 13 de decembro de 2019 pola Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia a través das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia.
A acreditación, estruturación e mellora do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo está cofinanciada Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 co obxectivo temático de “promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade”, e que no caso do CIM contribuirá a promover a xeración de coñecemento de excelencia en ciencia mariña, a transferencia dese coñecemento para beneficio da sociedade, e a internacionalización da actividade investigadora da Universidade de Vigo no ámbito do mar.