A ECIMAT presta outro tipo de servizos de apoio á investigación mariña que xorden tanto da experiencia nas diferentes áreas de traballo da Estación como da propia demanda do persoal investigador.

Partindo da  experiencia das diferentes áreas de traballo da ECIMAT (cultivo de organismos mariños, acceso aos ecosistemas mariños, procesado e análise de mostras,etc.) e da existencia dun taller e dun servizo de bricolaxe, o persoal da Estación asesora e axuda en todas aquelas actividades paralelas aos proxectos de investigación.

Os principais servizos de apoio son o asesoramento no cultivo de organismos mariños, o deseño experimental ou o deseño e desenvolvemento de instalacións ou material de mostraxe. Este servizo de carácter transversal está sempre aberto ás suxestións dos usuarios.

Para consultar a posibilidade de recibir apoio en calquera outra actividade de investigación poñerse en contacto con Damián Costas.