Encabezado polo Director do CIM, o noso Comité de Dirección elabora a proposta estratéxica do Centro e coordina a súa implementación

Dirección – Daniel Rey

Daniel Rey é Catedrático da Universidade de Vigo dende 2008. Licenciado en Xeoloxía pola Universidad Complutense de Madrid en 1985 e Doutor pola University of Birmingham en 1992. Coordina o Grupo de Investigación en Xeoloxía mariña e Ambiental. Fundou o laboratorio de paleomagnetismo da universidade de Vigo en 1995 e foi o principal promotor dos estudios de magnetismo ambiental en España. En 2018 foi nombrado Director do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo.

Área de Innovación e Transferencia – Cristina Quelle

Coordinadora de I+D+i do CIM-Uvigo, é Licenciada en Ciencias do Mar, Máster en Xestión Costeira e Máster en Enxeñería de Costas. Foi coordinadora da Área de Transferencia de Tecnoloxía do CEI-Campus do Mar e investigadora no Departamento de Contaminación mariña do IEO, ademáis de traballar en consultoría privada de xestión costeira, e ambiental. Posúe ampla experiencia na Xestión de proxectos mariños a nivel rexional, nacional e internacional con diferentes institucións públicas e privadas.

Área de Investigación – Moncho Gómez Gesteira

Ramón:_Gómez_GesteiraCatedrático de Universidade dende 2010. Licenciado (1990) e Doutor (1995) en física Universidade de Santiago de Compostela. Coordinou o Grupo Environmental Physics Laboratory (EPHYSLAB) dende 2004 a 2020,  foi Vicedecano da Facultade de Ciencias entre 2003 e 2009 e responsable de Investigación do Campus Auga dende 2014 a 2019. Centra a súa actividade nos campos de oceanografía física, enxeñería costeira, cambio climático, enerxías renovables mariñas e dinámica computacional de fluídos.

Dirección da ECIMAT – Jose Manuel García Estévez

Catedrático da Universidade de Vigo dende 2020. As súas liñas de investigación céntranse no diagnóstico, prevención e control de enfermedades parasitarias en organismos acuáticos. Autor dunha patente para o diagnóstico, mediante técnicas inmunolóxicas, de Enteromyxum scophthalmi, unha das principales ameazas sanitarias para a producción de rodaballo de cultivo. Coordina o Máster Interuniversitario de Bioloxía Mariña e actualmente é o director da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT).

Área de xestión e apoio á investigación – Charo de la Huz

Coordinadora de Xestión e apoio á investigación do CIM-UVigo. Doutora en bioloxía pola Universidade de Vigo na temática de ecoloxía da macrofauna de praias expostas de Galicia. Traballou en numerosos proxectos de investigación de estudo dos ecosistemas mariños intermareais e submareais, e desenvolveu tarefas de xestión de proxectos, sendo técnica de xestión das áreas de Docencia e Captación de Talento e de Internacionalización en Campus do Mar, e técnico de apoio á xestión no CIM-UVigo