igualdade

O CIM ten un forte compromiso coa Igualdade, diversidade e sustentabilidade polo que foi recoñecido co Distintivo de Igualdade da UVigo en 2022. A súa Comisión de Igualdade e Sustentabilidade, creada en 2021, está composta maioritariamente por mulleres con diversos perfís técnicos e investigadores. Encárgase de implementar actividades do III Plan de Igualdade da UVigo e de integrar aspectos de igualdade, xénero e diversidade en políticas e actividades do CIM, aliñándose co Selo HRS4R da UVigo.

Nos últimos anos, o CIM organizou cursos de formación en igualdade e diversidade, creou unha sala de lactación, celebrou eventos de cocreación sobre xénero, convocou o premio Marie Tharp enfocado a mozas investigadoras e impulsou campañas en redes sociais sobre xénero e sustentabilidade. Ademais, o CIM ten dispoñible unha conta de correo para consultas ou suxerencias: igualdade.cim@uvigo.gal e conta cun Plan de acción en materia de igualdade, diversidade e sustentabilidade que está en continua actualización.

Máis información sobre a Igualdade na UVigo.