Apoiámonos nun Comité Asesor Externo para a avaliación da adecuación da nosa estratéxia e da súa implementación
Juanjo Dañobeitia
Profesor de Investigación en Xeofísica Mariña do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), foi director da Unidade de Tecnoloxía Mariña do CSIC que xestiona a flota de buques de investigación oceanográfica e as bases de investigación antárticas. Conta con máis de 35 anos de experiencia na xestión de programas de investigación nacionais (ANEP, Prestige AC, Presidente do Comité Técnico para a construción do BO Sarmiento de Gamboa) e internacionais (ESF-Marine Board, CONMAP, ERVO). Dirixiu destacados proxectos de investigación nacionais e europeos en Ciencia e Tecnoloxía Mariña (H2020). É autor dunha gran cantidade de publicacións indexadas no SCI. Actualmente é o director xeral do Observatorio Multidisciplinar Europeo do Fondo Mariño e da Columna de Auga (EMSO EIRC) en Roma, Italia, cuxo obxectivo é o establecemento dunha infraestrutura competitiva de investigación do fondo mariño nos mares europeos.
Luísa M. P. Valente
A Dra. Luisa MP Valente é unha bióloga con máis de 25 anos de experiencia investigadora en nutrición de peixes e acuicultura sostible. Profesora Asociada con Agregación en ICBAS – Universidade do Porto (UP). Membro do Consello de Administración do CIIMAR onde coordina a liña temática Bioloxía, Acuicultura e Calidade dos Produtos do Mar. É membro do consello da Sociedade Europea de Acuicultura (EAS).
Vera Pospelova
Vera Pospelova é catedrática do Departamento de Ciencias da Terra e Ambientais da Universidade de Minnesota (EE. UU.) e Senior HWK Fellow en Marine and Climate Research. Foi presidenta da Asociación Canadiense de Palinólogos. A investigación da doutora Pospelova céntrase na taxonomía e calibración dos palinomorfos mariños como indicadores biolóxicos das condicións ambientais e nas reconstrucións paleoceanográficas e paleoclimáticas de alta resolución do Cuaternario tardío utilizando rexistros sedimentarios.
Luis Valdés
O Dr. Luis Valdés é Profesor de Investigación, Director do Centro Oceanográfico de Santander e Coordinador de Asuntos Internacionais do Instituto Español de Oceanografía (IEO). Ten unha ampla experiencia na xestión da Ciencia, e ocupou cargos como Xefe de Ciencias do Mar na Comisión Oceanográfica Intergobernamental da UNESCO, Director do Centro Oceanográfico de Xixón-IEO, Delegado de España ante ICO-UNESCO e do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES). Desenvolveu investigacións en ecoloxía mariña e cambio climático durante máis de 35 anos. En 1990 estableceu o programa de series temporais que mantén España no Atlántico Norte, e foi asesor de entidades gobernamentais, axencias de investigación e organismos internacionais.
Gray Williams
O Dr. Gray Williams é o director do Instituto Swire de Ciencias Mariñas e profesor da Escola de Ciencias Biolóxicas da Universidade de Hong Kong e profesor visitante na Universidade de Xiamen, China. Os seus principais intereses de investigación céntranse na ecofisioloxía e o comportamento das especies intermareais; especialmente aquelas que habitan a zona costeira máis alta da rexión tropical do sudeste asiático.