El cambio climático y la vida en los océanos

Etiquetas

O vindeiro venres 30 de setembro ás 13:15 h Marisela Des Villanueva, investigadora posdoutoral do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, presentará a conferencia “El cambio climático y la vida en los océanos”, dirixida ao alumnado de secundaria e aos últimos cursos de primaria. O evento está enmarcado dentro do proxecto Misión Azul: alfabetización oceánica e cambio climático, financiado pola FECYT, que ten como un dos seus obxectivos trasladar ao ámbito escolar a importancia do océano e a súa conexión coa vida humana así como a problemática do cambio climático no medio mariño.

Durante a conferencia, a ponente explicará en primeiro lugar que é o cambio climático, as súas causas e consecuencias, e a importancia das correntes mariñas, prestando especial atención ao afloramento que afecta á costa atlántica. A continuación, a Dra. Marisela Des presentará parte do seu traballo de investigación, afondando nos efectos do quecemento oceánico en diferentes especies, tanto de interese ecolóxico como comercial e mostrará os posibles efectos do cambio climático nos ecosistemas mariños. Para rematar, abrirá un debate co alumnado, no que discutirán o que se pode facer para combater o cambio climático.

A conferencia será realizada de xeito virtual, sendo retransmitida a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo.

Para acceder, siga as seguintes instrucións:

Premer a URL de acceso á sala virtual ”S00-Auditorio Principal”: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/928607699

  • Acceder como estudante, introducindo nome completo e entidade (se procede) e a seguinte contrasinal: 6rAsLWyz
  • Acceder á sala de videoconferencia.
  • Seleccionar a modalidade de acceso con micrófono e silenciar o mesmo ata o turno de preguntas.

O relatorio estará dispoñible de forma permanente nas webs e canais do CIM-UVigo e UVigoTV.

Cartel (PDF, 2.1 MB)

Vídeos