Promovemos o establecimento de colaboracións con diferentes administracións, institucións públicas e privadas, asociacións, organizacións non gubernamentais, e calquera outra entidade que poda contribuir ao cumplimento da misión do Centro

Investigadores realizando traballo de campo

Para formalizar ditas colaboracións dende o CIM-UVIGO promovemos a sinatura de convenios entre a Universidade de Vigo e as entidades colaboradoras, entre outros os que se poden ver a continuación:

  • Convenio coa Confraría de Pescadores de Cangas para a utilización conxunta de infraestruturas mariñas.
  • Convenio coa Estación Zoolóxica de Nápoles para o intercambio de persoal técnico e investigador mariño e para a realización de actividades conxuntas de investigación mariña.
  • Convenio coa Universidade de Hong Kong para a realización de actividades conxuntas de investigación mariña.
  • Convenio coa Universidade Pierre et Marie Curie de París para a participación da Universidade de Vigo na fase de implementación do European Marine Biological Resource Centre (EMBRC)
  • Convenio coa Universidade do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea para a Constitución de EMBRC-ES, entidade que representa ao Nodo Español do European Marine Biological Resource Centre (EMBRC)
  • Convenio co Ministerio de Economía e Competitividade e a Universidade do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea para regular a contribución de España ao European Marine Biological Resource Centre European Research Infrastructure Consortium (EMBRC-ERIC)
  • Convenio coa Confraría de Pescadores de Vigo para a utilización conxunta de infraestruturas mariñas.
  • Convenio co Institut de recherche pour le Development (IRD) para a participación da Universidade de Vigo na Rede Europea de Investigación Mariña (EUROMARINE)
  • Convenio co Centro Tecnolóxico “Synergie MEr et Littoral (SMEL)” para facilitar o uso de infraestruturas de investigación mariña, o desenvolvemento de proxectos de investigación, a realización e organización de actividades académicas conxuntas, o intercambio de persoal investigador, ou outras actividades de interese relacionadas coa investigación mariña.
  • Convenio coa Universidade de Tirana para para o intercambio de persoal técnico e investigador mariño e para a realización de actividades conxuntas de investigación mariña.
  • Convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) para o aproveitamento conxunto de infraestructuras de investigación mariña.
  • Convenio da Universidade da Coruña coa Universidade de Vigo para a realización de prácticas externas curriculares do estudantado na Universidade de Vigo.
  • Convenio Marco de colaboración entre la Universidad de León y la Universidad de Vigo para la realización de prácticas y/o trabajos de fin de grado, máster o doctorado por parte de estudiantes de la Universidad de León.
  • Convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas do alumnado de todas as titulacións oficiais de grao e mestrado de ambas Universidades.