A ECIMAT dispón de persoal técnico especializado en oceanografía e equipamento oceanográfico tanto para a observación en continuo como para a realización de estudos no medio mariño.

Dentro da observación en continuo, dispoñemos dun radar de alta fecuencia (HF-Radar) para a medición de correntes superficiais en tempo real e dunha estación océano-meteorolóxica que recolle e ofrece os datos en tempo real.

Para a realización de estudos no medio mariño, contamos con diferente instrumental oceanográfico: CTD, ecosonda, sónar de barrido lateral, rede de microplásticos, etc.

Así mesmo, contamos cunhas completas instalación para a experimentación en mesocosmos, que inclúen plataformas flotantes para a realización de estudos in situ, e instalacións de mesocosmos en terra, tanto peláxicos como bentónicos, o que permite a experimentación en grandes volumes de auga de mar, en condicións próximas ás do medio natural. As inslatalcións de mesocosmos complétanse cunha sala isoterma de 40m2 para a experimentación en condicións de temperatura controlada, tanques para a experimentación en microcosmos e un laboratorio propio.

Para coñecer as características ou solicitar calquera destes equipos ou servizos pulsar o vínculo Solicitar un servizo

Para solicitar outro recurso ou facer algunha consulta destes servizos envíe un correo a Jose González.