No CIM fixemos noso o compromiso da UVigo co acceso aberto, seguindo a súa política de actuación neste ámbito e facemos uso do repositorio institucional da UVigo INVESTIGO, ferramenta que recolle, difunde e preserva a produción científica publicada como artigos  científicos, libros, capítulos, contribucións a congresos e teses de doutoramento. O Centro, ademais, é membro de EOSC (European Open Science Cloud), iniciativa da CE que ten como obxectivo desenvolver unha infraestrutura para promover prácticas científicas abertas.

O persoal investigador do CIM publica artigos científicos en aberto, desenvolve aplicacións de software de código aberto e utiliza diferentes repositorios de datos gratuítos, abertos e accesibles a toda a comunidade científica. Igualmente, no CIM dispoñemos dun Plan de xestión de datos propio para ser tomado como referencia por todo o noso persoal investigador.