O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM) organiza anualmente as Xornadas de Portas Abertas, un evento que achega á cidadanía a ciencia mariña que se desenvolve nos seus laboratorios. Esta iniciativa convida a persoas de todas as idades a descubrir, dun xeito lúdico e accesible, o traballo do persoal investigador do centro. O obxectivo é fomentar o coñecemento, a concienciación ambiental e a sostibilidade, ao tempo que se inspira ás novas xeracións.
Co apoio da Xunta de Galicia e da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, as Xornadas de Portas Abertas medran cada ano con novas actividades que destacan pola súa creatividade e impacto educativo. Ademais, esta iniciativa forma parte das accións oficiais do Decenio das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvementos Sostible (2021-2030) das Nacións Unidas.
En 2024, as Xornadas de Portas Abertas celebráronse os días 8 e 9 de novembro, cunha participación de máis de 600 persoas que compartiron experiencias con preto de 70 investigadores e investigadoras do CIM. Este ano, ademais das tradicionais actividades, incluíronse novidades como un xogo interactivo e un escape room virtual, consolidando o evento como a gran festa da ciencia mariña en Vigo.
Coñece o CIM na rúa
O venres 8 de novembro, o centro comercial A Laxe transformouse nun laboratorio científico aberto de 17:00 a 20:30 horas. Os visitantes exploraron diferentes áreas da bioloxía e tecnoloxía mariñas a través de obradoiros interactivos sobre temas como:
Microfósiles mariños.
Química do mar.
Fenómenos atmosféricos e oceánicos.
Microalgas e fitoplancto.
Tardígrados mariños e o espazo.
Xenética de organismos mariños.
En colaboración coa Autoridade Portuaria de Vigo (APV), organizáronse visitas guiadas ao visor subacuático Nautilus, unha instalación permanente situada a carón do centro comercial, na que se poden observar fondos mariños en tempo real.
Novidades 2024:
Escape room virtual: Descobre máis sobre a investigación oceánica co CIM, baseado no mural que a APV, o CIM e o Campus do Mar teñen no Real Club Náutico de Vigo. Esta experiencia lúdica e educativa permitiu ao público coñecer máis sobre a investigación oceánica que se realiza no centro dun xeito lúdico e divulgativo usando o móbil como principal ferramenta.
Aquamission: un xogo xigante para explorar o mundo da acuicultura sostible, empregando un taboleiro de grandes dimensións que espertou o interese pola ciencia mariña e a investigación.
Embárcate co CIM
O sábado 9 de novembro, a actividade “Embárcate co CIM” levou ás persoas participantes nun paseo divulgativo pola ría de Vigo. A bordo dun barco-aula, exploraron a biodiversidade mariña e recolleron mostras de organismos e sedimentos, mentres o persoal do CIM explicaba a súa relevancia para comprender os ecosistemas mariños.
A xornada culminou coa visita á Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (Ecimat), onde o público descubriu modernos laboratorios e instalacións especializadas para estudar a biodiversidade, o cambio climático e a sustentabilidade dos recursos mariños.
Ciencia mariña con nome propio
Con motivo das Xornadas, o CIM reforzou a súa presenza cunha campaña divulgativa na zona da Autoridade Portuaria de Vigo, colocando bandeiras co lema “CIM: Ciencia mariña con nome propio”, destacando o seu compromiso coa investigación e a divulgación científica.
As Xornadas de Portas Abertas do CIM son unha oportunidade única para vivir a ciencia mariña de preto e entender a importancia de coidar o océano para un futuro sostible. Mantente atento á próxima edición e únete a esta aventura científica!
Neste sitio empréganse cookies para mellorar a experiencia de usuario.
Coa túa navegación, prestas o teu consentimento para recibir as cookies que utiliza o Portal. De acordoMáis info
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these cookies, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may have an effect on your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.