Somos o principal elemento de xeración e transferencia de coñemento da Universidade de Vigo no eido mariño, e un dos principais elementos de internacionalización da institución

Medicións nun zosteral
Realizando medicións nun zosteral

A nosa organización e masa crítica investigadora fan posible tomar aproximacións multifocais e explotar sinerxias para abordar estudos mariños a gran escala que dean resposta aos complexos problemas cos que se enfrenta o mar. Somos unha referencia investigadora en ámbitos como a Observación oceánica e o Cambio global, a Ecotoxicoloxía mariña, a Explotación sustentable dos recursos mariños e a Xestión integral da zona costeira. Ademáis, o esforzo que se está a realizar en mellorar o posicionamento internacional do Centro e na transferencia do coñecemento xerado aos sectores productivos e á sociedade está a dar os froitos esperados.

21
Proxectos
internacionais
29%
Dos proxectos H2020
de toda a UVigo
749
Publicacións
científicas
77
Contratos
de I+D
46
Novos doutores
e doutoras

**Datos 2020-2023