Esforzámonos en transferir o coñecemento xerado á sociedade, colaboramos con confrarías de pescadores, empresas ou entidades de protección ambiental e traballamos para que as nosas ideas se convirtan en novos ou mellores produtos.

O mar ten sido historicamente fonte de riqueza e de novos retos para Galicia, o mar está gravado na nosa identidade social e as actividades relacionadas co mar foron sempre motores da nosa economía. No contexto global, a competitividade da economía galega, debe necesariamente basearse na oferta de productos e servicios de alto valor, que se destaquen pola súa alta tecnoloxía e calidade. Este modelo só é posible coa promoción dun modelo económico baseado no coñecemento, no que os actores de xeración de coñecemento deben dispor dos mecanismos e deben ser activos na transferencia dese coñecemento aos sectores productivos, as administracións e á sociedade.
A importancia do mar para a sociedade e a economía galega, queda perfectamente recollida na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3 Galicia), tal e como se recolle en todas as súas prioridades (alimentación, saúde, enerxía, turismo, transporte, comercio, industria naval….), todas elas totalmente aliñadas coas liñas estratéxicas de investigación do noso Centro.
Por todo isto, unha das tres liñas nas que se centra a misión do CIM-UVIGO é a de promover a transferencia do coñecemento xerado para beneficio da sociedade, fomentando a colaboración entre os nosos investigadores e empresas, administracións públicas ou calquera outra entidade ou institución que poda sacar partido a ese coñecemento en beneficio da sociedade en xeral e da sociedade galega en particular.