A ECIMAT como infraestrutura principal do Centro de Investigación Mariña e da Universidade de Vigo, ten como unha das súas misións principais a de ofertar servizos á investigación, por elo, e para garantir a súa eficacia e a dispoñibilidade de tódolos recursos necesarios para a adecuada prestación dos mesmos, adoptou o obxectivo estratéxico de implantar un sistema de xestión da calidade baseado nos requisitos do estándar internacional ISO 9001, e que se atopa certificado por entidades independientes dende o ano 2013.
Anos despois da certificación inicial seguimos a traballar nun sistema orientado ao usuario, cunha clara vocación de servizo e no que se definen periodicamente obxectivos como ferramenta para garantir o compromiso adquirido para a mellora continua. Todo elo xira en torno a tres premisas nas que se sustenta a nosa Política de Calidade:
- Excelencia para buscar sempre o mellor e máis actual nivel científico tanto no desenvolvemento dos traballos solicitados como na súa preparación e deseño.
- Calidade para promover sempre a calidade técnica dos traballos, mediante a correcta mantenza dos equipos e formación continua do persoal.
- Proximidade para atender as necesidades dos usuarios mediante unha intensa e constante comunicación, e garantir o seguimento da satisfacción dos mesmos sobre o desempeño da organización.
Co fin de afianzar este posicionamento, a Dirección tomou a decisión estratéxica de certificar a implantación dos requisitos da Norma ISO 9001:2015 nas actividades de:
- Uso de infraestruturas para investigación mariña.
- Cría e suministro de especies mariñas.
- Apoio a actividades de investigación no medio mariño.
- Toma de mostras ambientais no medio mariño.
- Determinación de parámetros físico-químicos de augas no campo e no laboratorio.
- Bioensaios para a caracterización ecotoxicolóxica de mostras ambientais e sustancias químicas.
- Procesado histolóxico de mostras de tecidos de organismos acuáticos.
Este feito fixo que foramos merecedores da distinción que otorga a Universidade de Vigo, a través da súa Área de Calidade, como recoñecemento por acadar e manter as máximas cotas de calidade na xestión, na docencia e na investigación, considerado todo elo pola institución como un obxectivo prioritario.