Prestamos servizos de apoio para a realización de actividades de investigación de temática mariña á comunidade investigadora, tanto procedente da Universidade de Vigo, como de outras institucións públicas ou privadas.
Os nosos servizos estrutúranse da seguinte forma:
- Subministro de recursos biolóxicos mariños
(tanto recollidos do medio natural como mantidos en colección ou cultivados) - Utilización de laboratorios, equipamento científico e outra infraestrutura común
- Procesado e análise de mostras
- Apoio no acceso aos ecosistemas costeiros
(toma de mostras no campo, traballos submarinos, equipamento de mergullo e outras actividades de apoio á investigación no medio mariño) - Servizos tecnolóxicos de apoio á investigación
(Realización de cultivos experimentais, asesoramento técnico en experimentación con organismos mariños, etc.) - Servizo de oceanografía e mesocosmos
(observación en continuo e realización de estudos oceanográficos no medio mariño.) - Servizos de I+D (Servizos científico/tecnolóxicos prestados polos grupos de investigación do CIM-UVIGO)
No seguinte documento pode consultar as tarifas asociadas a cada servizo: Tarifas ECIMAT 2024
Para solicitar un servizo accede a sección Solicitar un servizo