A ECIMAT dispón das infraestruturas necesarias e de persoal técnico especializado para subministrar organismos do medio natural e cultivados, incluindo organismos de colección e modelo, diferentes tipos de auga de mar e de laboratorio e medios de cultivo para microalgas.
O Servizo de recursos biolóxicos e cultivos mariños cría e mantén en stock unha colección de microalgas (ECC) e diferentes especies de organismos de colección e modelo como rotíferos, cladócereos, artemia, copépodos ou peixes e dispón de experiencia no cultivo, mantenza e subministro de diferentes especies de moluscos (ameixas, berberechos, ostras, navalla, peneira, etc.), peixes (rodaballo, linguado, dourada, robaliza, pescada, sardiña, etc.) e equinodermos (ourizo de mar, cogombro de mar, etc.). Este servizo subministra así mesmo organismos recollidos do medio natural, xestionando todos os permisos necesarios.
O Servizo de preservación funcional dos recursos biolóxicos mariños ten como obxectivo fundamental o desenvolvemento de protocolos de criopreservación para organismos, células ou tecidos de orixe mariña. Conta con dúas bioconxeladores, a última tecnoloxía en vitrificación e desconxelación ultra- rapida láser, subministro de nitróxeno líquido e tanques de almacenamento. O servizo conta con protocolos publicados para a criopreservación de esperma de 6 especies de invertebrados mariños, embrións de ourizo de mar e para larvas de moluscos bivalvos.
A Estación subministra ademáis medios de cultivo para microalgas, auga de mar sometida a diferentes tratamentos de filtración (20, 1 e 0,22 micras), esterilización (ultravioleta) e a diferentes temperaturas (13ºC, 18ºC e ambiente) e diferentes tipos de auga de laboratorio (MiliQ e destilada).
Para coñecer as características ou solicitar calquera destes recursos ou servizos pulsar o vínculo Solicitar un servizo.
Para solicitar outro recurso ou facer algunha consulta destes servizos envíe un correo ao persoal da ECIMAT:
- Organismos de colección e modelo: Arantxa Martínez
- Organismos recollidos do medio natural ou cultivados: Damián Costas
- Preservación funcional de recursos biolóxicos mariños: Estefanía Paredes