A ECIMAT dispón das infraestruturas necesarias e de persoal técnico especializado para subministrar organismos do medio natural e cultivados, auga e medios de cultivo para investigación.

O Servizo de recursos biolóxicos e cultivos mariños cría e mantén en stock diferentes especies de fitoplancton e zooplancton de interese en acuicultura (rotíferos, artemia, cladóceros, copépodos, etc.) e ten experiencia no cultivo, mantenza e subministro de diferentes especies de moluscos (ameixas, berberechos, ostras, navalla, peneira, etc.), peixes (rodaballo, linguado, dourada, robaliza, pescada, sardiña, etc.) e equinodermos (ourizo de mar, cogombro de mar etc.). Así mesmo, subministra organismos recollidos do medio natural, xestionando todos os permisos necesarios.

A Estación subministra auga MiliQ, auga destilada e auga de mar sometida a diferentes tratamentos de filtración (20, 1 e 0,22 micras), esterilización (ultravioleta) e a diferentes temperaturas (13ºC, 18ºC e ambiente).

Para coñecer as características ou solicitar calquera destes recursos consultar a sección Solicitar un servizo. Para solicitar outro recurso ou resolver calquer dúbida, enviar un correo a Damián Costas.

Nota: Todos os produtos subministrados na ECIMAT obtéñense aplicando as directrices de Procedementos e Instrucións Técnicas normalizados e certificadas conforme a estándares de calidade.