O grupo de investigación de Ecoloxía costeira (EZ1) do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal e o grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas do Departamento de Enxeñería dos Recursos Naturais e Medio Ambiente, ofrecen unha praza de xestor/a dentro do proxecto: “Mejora de la gestión, seguimiento y mantenimiento de la biodiversidad en áreas marinas protegidas mediante técnicas geoespaciales automatizadas de bajo coste para la monitorización y cartografiado de hábitats intermareales (ALGANAT2000)”, coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a través do Programa PLEAMAR, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
Perfil técnico
- Preparación de contidos e documentos para o proxecto.
- Manter a interlocución coas institucións que participan no proxecto.
- Prestar apoio coa loxística e a difusión do proxecto.
- Prestar apoio na execución e xustificación económica.
- Realización de informes técnicos de execución.
- Asistencia a reunións de seguimento do proxecto.
- Preparar e organizar talleres de formación.
Requisitos
- Posuír un título de graduado/ licenciado/a ou equivalente en Ciencias ou Enxeñería.
- Experiencia en xestión de proxectos de investigación
Criterios de avaliación
- Curriculum vitae: 10 puntos.
- Experiencia laboral: ata 30 puntos.
- Valorarase a experiencia previa na xestión de proxectos da Fundación Biodiversidade.
- Os candidatos mellor valorados realizarán unha entrevista.
Condicións do contrato
- Relación laboral: Contrato de investigación.
- Duración: 11 meses.
- Data prevista de incorporación: 01/03/2019.
- Xornada laboral: Parcial.
- Lugar de traballo: Facultade de Ciencias do Mar, Campus da Universidade de Vigo.
- Salario mensual bruto: ao redor de 1300 €.
Solicitude
Os candidatos deben enviar CV (en formato pdf) e unha carta de presentación á investigadora Celia Olabarria (colabarria@uvigo.es)
Data límite: 20 xaneiro 2019.
Resolución
Resolución contrato Gestor Grupo Ecoloxía Costeira (PDF, 137 KB)