Oferta de persoal técnico de apoio á investigación – Acuicultura e explotación sostible de recursos

O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo ofrece un contrato de técnico de apoio á investigación para o reforzo da liña de investigación “Acuicultura e Explotación Sostible de Recursos”, para desenvolver a estudo da importancia da fanerógama mariña Zostera Noltei no marisqueo a pé.

Condicións xerais:

  • Duración: 4 meses
  • Data prevista de inicio: Entre o 1 abril e o 31 de xullo de 2021.
  • Xornada de traballo: Tempo parcial
  • Lugar de traballo: Facultade de Ciencias do Mar, Universidade de Vigo.

Requisitos:

  • Grao ou licenciatura en Ciencias do Mar ou Bioloxía.
  • Experiencia acreditada en traballo de laboratorio e campo en bioloxía e ecoloxía de ameixas e Zostera
  • Experiencia na toma de medicións fisiolóxicas de ameixas en experimentos de manipulación de mesocosmos

Criterios de valoración:

  • Experiencia acreditada no tema obxecto da praza (60%): adecuación do CV ás tarefas a realizar
  • Formación: 10%
  • Entrevista: 30%

Solicitude

As persoas candidatas deben enviar a solicitude en modelo normalizado (Anexo II) e CV con indicación expresa dos méritos solicitados a colabarria@uvigo.es.

Data límite: 4 de marzo ás 15h.

Nos seguintes enlaces pode consultar a convocatoria, na que se describen os requisitos dos solicitantes, o procedemento de selección e as características das prazas ofertadas, e o documento de solicitude (Anexo II):

Resolución