O grupo de investigación de Ecoloxía Costeira (Ecocost, EZ1) do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía animal da Universidade de Vigo e pertencente ao Centro de Investigación Mariña (CIM-UVigo) ofrece o seguinte contrato dentro do proxecto: “Comprendiendo el papel de las praderas de Zostera en el mantenimiento de poblaciones de recursos marisqueros en un escenario de cambio climático (ZEUS)” (RTI2018-095583-B-I00), financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades no marco do Programa Operativo FEDER.
Condicións xerais:
- Duración: 10 meses
- Data prevista de inicio: Entre o 15 setembro e o 1 de outubro 2020.
- Xornada de traballo: Tempo parcial
- Retribución: 807 brutos/mes aprox.
Requisitos:
- Licenciatura en Economía, Bioloxía, Ecoloxía, Ciencias Ambientais ou Xeografía.
Criterios de valoración:
- Experiencia en investigación sobre temas pesqueiros e/ou marisqueo.
- Experiencia no deseño de enquisas.
- Experiencia en participación/organización de obradoiros participativos.
- Experiencia na realización de revisións sistemáticas de literatura científica.
- Experiencia en elaboración de informes.
Tarefas a realizar:
- Analizar a estado da arte respecto ás investigacións, programas e políticas relacionadas co marisqueo, praderías mariñas e servizos ecosistémicos mariños.
- Deseño de enquisas para realizar entrevistas a grupos de interese.
- Analizar datos cuantitativos (estatísticas oficiais, informes) e datos procedentes das enquisas.
- Analizar e comprender diferentes impactos do cambio climático nos ecosistemas mariños, e os distintos escenarios do IPCC.
Solicitude
Os candidatos deben enviar CV e unha carta de presentación (ambas as en formato pdf) ao Dr. Sebastián Villasante (sebastian.villasante@usc.es).
Data límite de entrega de documentos: 7 de agosto de 2020.