Convócase un proceso de selección para a contratación de dous investigadores/as en réxime temporal como persoal de investigación para o proxecto BLUEBIOLAB, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, co obxectivo de incorporar investigadores que se integrarán nos grupos de investigación participantes no proxecto para desenvolver a súa investigación nas tres liñas crave do proxecto:
- Acuicultura e biotecnoloxía
- Desenvolvo de novos compostos bioactivos e biomateriales de orixe mariña
- Utilización de tecnoloxías ómicas para a comprensión da biodiversidade mariña
Os/as aspirantes deberán cumprir, á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:
Requisitos xerais:
- Ter cumpridos os dezaoito anos e non alcanzar a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación.
- Ter capacidade funcional para o desempeño das tarefas do perfil solicitado.
- Non ser separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas.
Requisitos específicos:
Praza 1:
- Master no ámbito científico-tecnolóxico.
- Experiencia no testado in vitro de biomateriais.
Habilidades:
- Experto/a en ensaios celulares.
- Xestión de infraestruturas para ensaios in vitro.
- Caracterización físico-química de biomateriais.
- Experiencia en preparación de publicacións científicas.
- Comunicación oral e escrita en inglés.
Liñas de investigación relacionadas con:
- Obtención de biomateriais de orixe mariña.
- Caracterización físico-química de biomateriais de orixe mariña.
- Ensaios de biocompatibilidade in vitro.
Praza 2:
- Máster no ámbito científico-tecnolóxico.
- Experiencia en extracción de ácidos nucleicos e análises bioinformático de datos HTS
Habilidades:
- Experiencia na extracción e manexo de ácidos nucleicos (ADN/ ARN) en laboratorio
- Experiencia en análise bioinformático de datos provenientes de técnicas de secuenciación masiva ( HTS).
- Experiencia con algunha linguaxe de programación para a análise bioinformático de secuencias ( Perl, Python, R ou calquera outro)
- Comunicación oral e escrita en inglés.
Liñas de investigación relacionadas con:
- Extracción e purificación de ARN/ADN de ecosistemas mariños
- Caracterización de microbiomas e metagenomas
- Análise bioinformático de comunidades microbianas mariñas
Características do contrato
A contratación formalizarase cun contrato laboral en réxime temporal por unha contía para convir. A duración do contrato perfil 1 será de 9 meses (previsión de contratación mes de xaneiro de 2021) e o contrato perfil 2 será de 9 meses (previsión de contratación mes de abril de 2020)
Presentación de solicitudes
Os/as aspirantes deberán enviar no prazo designado, á dirección de correo electrónico bluebiolab@gmail.com, a seguinte documentación:
- Impreso de solicitude (anexo I)
- Carta de presentación
- Currículo vitae
- Proxecto de investigación que pretende desenvolver en BLUEBIOLAB (máx. 4 páxinas)*
- Documentos acreditativos dos requisitos e méritos recolleitos no CV
No caso do contrato 2 non é obrigatorio entregar o proxecto de investigación.
Prazo de recepción de solicitudes: 02-03-2020 ás 14:00 h.
Proceso de selección
Criterios de valoración:
- Currículo (50%)
- Proxecto de investigación (50%)
Descarga da convocatoria e Anexo I: MARJOB