Contrato de persoal técnico especialista en cultivos mariños – proxecto europeo GLAUKOS

O equipo de “Ecotoxicoloxía e Contaminación Mariña” (Ecotox) do grupo “Ecoloxía  Costeira” (EcoCost, CIM-UVigo), oferta un contrato de técnico de laboratorio especialista en cultivos mariños con cargo ao proxecto europeo  “GLAUKOS – Circular Solution for the Textile Industry”, financiado polo “Bio-Based Industries Joint Undertaking” (BBI JU), no marco do programa do H2020 (acordo nr. 887711).

Requisitos

  • Titulación FP2, técnico superior en produción acuícola.
  • Experiencia en cultivo de Cyprinodom variegatus.
  • Titulación de experimentación animal, A e B (Orde ECC/566/2015)

Criterios de valoración

  • Experiencia profesional en postos similares
  • Capacidade de organización
  • Experiencia en cultivo larvario de peixes
  • Coñecementos en montaxe de instalacións de sistemas de recirculación para cultivos mariños (RAS)
  • Asistencia telemática en instalacións acuícolas
  • Experiencia en acuariología.
  • Outras titulacións en benestar e transporte de animais.
  • Conocimientos básicos en diagnóstico patolóxico de peixes

Condicións do contrato

  • Duración: 30 meses (6 meses período de proba)
  • Dedicación: a tempo completo (40 h semanais)
  • Retribución bruta mensual: 1600,00 €
  • Lugar de traballo: Ecimat, CIM- Universidade de Vigo.

Solicitudes

Interesados enviar CV en formato .pdf, carta de presentación e dúas cartas de referencia por e-mail a beatriz.noya.marino@uvigo.es  antes do 10 de Novembro de 2020. No asunto do e-mail deberá indicarse “Contrato Técnico GLAUKOS-Ecotox”.

Proceso de selección:

Terase en conta o currículo, a experiencia laboral previa, cartas de referencia (dúas) e a entrevista (en persoa ou virtual (Skype ou canles similares).

Os aspirantes poderán ser requiridos para achegar a documentación xustificativa dos méritos enunciados no seu CV.

A lista de candidatos finalistas, e de agarda, serán publicadas na web de Ecotox (http://www.ecotox.es/gl).

Máis información en Euraxess (Referencia da oferta en EURAXESS, id: 571278)