Singular oceanographic infrastructures at ECIMAT: mesocosms and HF Radar

O martes 18 de febreiro, Jose González, responsable do servizo de oceanografía da ECIMAT (CIM-UVigo), presentou dentro do ciclo “Café con Sal” o relatorio Singular oceanographic infrastructures at ECIMAT: mesocosms and HF Radar, no que presentou as instalacións do mesocosmos e o radar de alta frecuencia (HF radar), os proxectos asociados e a súa implicación nas redes europeas.

As infraestruturas singulares pódense definir como grandes instalacións ou equipos adicados á investigación de vangarda, abertos á comunidade científica nacional e internacional, cun investimento e/ou custos de mantemento elevados. Na ECIMAT pódense atopar dous exemplos deste tipo de infraestruturas: o HF radar e as instalacións de mesocosmos. Os HF radares son unha tecnoloxía mariña que proporcionan mapas das correntes superficiais en tempo case real en áreas que abarcan desde uns poucos quilómetros ata os 200 km. Estes sistemas son escasos debido ao seu custo e ás súas necesidades de instalación. Na actualidade hai tan só dous radares de alta frecuencia cunha resolución de 175 m, e un deles é o que se atopa na ECIMAT. Por este motivo, o sistema instalado na ECIMAT ten outra singularidade: a súa frecuencia e, polo tanto, a súa resolución. As instalacións de mesocosmos atopadas na ECIMAT tamén son singulares, xa que son os únicos mesocosmos mariños presentes na Península Ibérica e os únicos en Europa situados nunha rexión de afloramento.

A conferencia tivo lugar ás 11.00h no salón de actos da ECIMAT tras un café e foi retransmitida en directo en http://tv.uvigo.es/es/directo/1.html. Para visualizala, prema cada un dos vídeos amosados a continuación.

Vídeos