Este xoves, 14 de novembro, Gianluca Mariño, investigador do Grupo GEOMA do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, que centra os seus estudos nos ámbitos da paleoceanografía e a paleoclimatología, ofrecerá o relatorio «El calentamiento global: técnicas de estudio y predicción».
Na súa intervención, Mariño introducirá o concepto de sensibilidade climática a partir de exemplos nos que se mostra como acoutala a través da información que proporciona o rexistro xeolóxico.
Esta conferencia inclúese dentro do Fórum do Instituto de Estudos Vigueses 2019 (Fórum IEV 2019). A charla terá lugar en Sala-Hemeroteca Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), C/ García Barbón nº5, ás 19.30 h.
O Fórum IEV 2019 é un ciclo de conferencias que se organiza desde o Instituto de Estudos Vigueses, en colaboración coa Universidade de Vigo e o Concello de Vigo. Deu comezo en xaneiro e prolongarase ata o próximo mes de decembro.
O encargado de presentar a charla será Federico Vilas (UVigo- IEV).