El calentamiento global: técnicas de estudio y predicción

Etiquetas

Este xoves, 14 de novembro, Gianluca Mariño, investigador da Universidade de Vigo que centra os seus estudos nos ámbitos da paleoceanografía e a paleoclimatología, ofrecerá o relatorio «El calentamiento global: técnicas de estudio y predicción». Na súa intervención, Mariño introducirá o concepto de sensibilidade climática a partir de exemplos nos que se mostra como acoutala a través da información que proporciona o rexistro xeolóxico. Esta conferencia inclúese dentro do Fórum do Instituto de Estudos Vigueses 2019 (Fórum IEV 2019). A charla terá lugar en Sálgaa-Hemeroteca Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo ( EMAO), C/ García Barbón nº5, ás 19.30 h.

O Fórum IEV 2019, como xa comentamos noutras ocasións, é un ciclo de conferencias que se organiza desde o Instituto de Estudos Vigueses, en colaboración coa Universidade e o Concello de Vigo. Deu comezo en xaneiro e prolongarase ata o próximo mes de decembro.

O encargado de presentar a charla será Federico Vilas (UVigo- IEV).