Adaptation and speciation in Littorina

O día 9 de outubro Roger Butlin,  catedrático en Bioloxía Evolutiva da University of Sheffield e profesor convidado da University of Gothenburg, presentou a conferencia “Adaptation and speciation in Littorina“.

Roger Butlin colabora con Emilio Rolán e Juan Galindo do grupo de investigación de Xenética de Poboacións e Citoxenética, co obxectivo de estudar a base xenética da diverxencia e o grao de illamento reprodutivo na zona híbrida de L. saxatilis nas costas galegas e suecas O proxecto baixo o que se engloba o estudo, BARRIERS, está financiado por unha ERC Advanced Grant e a súa parte experimental está levándose a cabo nas instalacións da EMBRC (European Marine Biological Resource Centre) de Vigo (ECIMAT; EMBRC-Spain) e de Roscoff (Station Biologique Roscoff; EMBRC-France).

Durante a súa conferencia, R. Butlin presentou as análises que está a realizar na zona híbrida entre ecotipos diverxentes de L. saxatilis e describiu cómo a análise das clinas pode axudar a determinar a arquitectura xenética dos loci influenciados pola selección natural, o cal é fundamental na evolución do illamento reprodutivo.

Vídeos