Instalacións para a producción de microalgas en condicións controladas
A sala de produción de microalgas conta cun sistema de 12 bolsas de 50 L (batch) e cun fotobiorreactor de columna de 640 l. (8 col.x 60 L). O fotobiorreactor permite a producción intensiva de fitoplancton de alta calidade (ata un 400% máis que cos sistemas tradicionais reducindo ao mesmo tempo a carga de traballo) dunha forma totalmente automatizada e permitindo modular da calidade nutricional da microalga producida mediante a variación dos volumes colleitados e a conseguinte incorporación de novos nutrintes. Esta sala dispón dos seguintes subministros:
- Aire comprimido
- Osíxeno
- Auga doce declorada
- Auga de mar filtrada por area (~50µ) a temperatura ambiente
- Auga de mar filtrada a 20µ a 12ºC
- Auga de mar filtrada a 20µ a 18ºC
- Auga de mar tratada con UV e filtrada a 1µ absoluta a 18ºC