Instalacións para a producción de microalgas en condicións controladas

Fotobioreactor

Levamos a cabo o cultivo de fitoplancton en dúas salas: sala de fitoplancton e sala de producción en fotobioreactor. Ambas salas dispoñen de:

  • Aire comprimido
  • Osíxeno
  • Auga doce declorada
  • Auga de mar filtrada por area (~50µ) a temperatura ambiente
  • Auga de mar filtrada a 20µ a 12ºC
  • Auga de mar filtrada a 20µ e 1 µ a 18ºC esterilizada con UV

Na ECIMAT contamos cun Fotobioreactor de Columna de 640 l. (8 col.x 60 L) que permite a producción intensiva de fitoplancton de alta calidade (ata un 400% máis que cos sistemas tradicionais reducindo ao mesmo tempo a carga de traballo) dunha forma totalmente automatizada e permitindo modular da calidade nutricional da microalga producida mediante a variación dos volumes colleitados e a conseguinte incorporación de novos nutrintes.