Desde o servizo de laboratorio da unidade de calidade ambiental da ECIMAT realizamos a determinación de parámetros físico-químicos e microbiolóxicos mediante o ensaio de mostras tanto ambientais como mostras procedentes de tanques de cultivo de organismos, ou resultantes do desenvolvemento de procesos experimentais.

Na ECIMAT dispoñemos das instalacións apropiadas para a realización dos ensaio de mostras. Ademais, contamos cun equipo de traballo multidisciplinar formado por técnicos e investigadores todos eles titulados superiores, con ampla traxectoria na realización de estudos que implican a realización de bioensaios e outras técnicas relacionadas co ámbito da calidade ambiental e a contaminación mariña.
O cumprimento destas liñas de traballo baséase na a implantación de procedementos estandarizados que alcanzaron a certificación de calidade ISO 9001:2015, que á súa vez están baseados en protocolos adoptados por organismos recoñecidos internacionalmente (ISO, UNE, APHA, etc.).
Oferta de ensaios estandarizados dispoñible:
- Análise de augas: determinacións analíticas de auga, tanto de parámetros físico-químicos (pH, Temperatura, Salinidade, Conductividade, Osíxeno Disolto, fosfatos, amonio, sólidos en suspensión, metáis disoltos, etc.) como biolóxicos (demanda biolóxica de osíxeno, presencia de coliformes, etc.).
- Análise de sedimento:determinacións analíticas de Carbono Orgánico Total, materia orgánica mediante calcinación, Hidrocarburos Policíclicos Aromáticos (PAHs) en sedimentos, etc.
- Análise de material biolóxico: análisis de presencia de E. coli e/ou coliformes totais e análisis de PAHs ou outros compostos en organismos mariños.
O servizo de análise de mostras enmárcase dentro do Sistema de Xestión de Calidade
A ECIMAT dispón dun Sistema de Xestión Calidade, certificado por Bureau Veritas, no que se atopan implantados os requisitos do referencial internacional estándar ISO 9001:2015 cuxo alcance de certificación, inclúe a realización de bioensaios para a caracterización ecotoxicológica de mostras ambientais e substancias químicas.
O sistema de calidade asegura unha correcta xestión das mostras garantido a súa trazabilidad e a súa conservación e manipulación mediante a aplicación de procedementos amplamente contrastados e auditados. Así mesmo, a aplicación de protocolos xerais do sistema de calidade permite un control absoluto sobre a documentación e os rexistros mediante un correcto tratamento e almacenamento dos datos.
Na entidade dispoñemos tamén de procedementos e instrucións técnicas aplicables para o control da infraestrutura sobre a que aplican estritos plans de mantemento e calibración e verificación, o que permite a súa utilización con garantía de calidade.
Adicionalmente á calidade xeral de todo o proceso de execución dos traballos, desenvolveranse mecanismos destinados ao aseguramento da calidade dos resultados. O programa de aseguramento da calidade dos resultados obtidos na realización dos bioensaios baséase nos criterios descritos na norma UNE EN – ISO 17025 que define os Requisitos xerais para a competencia dos laboratorios de ensaio e calibración.