El pepino de mar, el gran desconocido. ¿Cuál es su papel en los océanos?

Etiquetas

O 30 de xuño ás 18 h continúa a participación do Centro de Investigación Mariña no proxecto ‘Mes do Medio e os Océanos‘, organizado por Afundación, a Obra Social de ABANCA, con motivo da celebración do Día do Medio Ambiente, 5 de xuño, e o Día dos Océanos, 8 de xuño.

A derradeira intervención antes do verán correrá a cargo de Tania Ballesteros Otero, investigadora do Grupo de Ecoloxía Costeira, que achegará ao público as características do carallo de mar e o seu papel nos océanos.

Durante a conferencia Tania realizará unha presentación inicial destes animais mariños dando un repaso xeral as súas características externas, os seus superpoderes e as súas principais curiosidades. Unha vez adentrados no apaixoante mundo dos pepinos de mar, a relatora fará fincapé na súa importancia para os océanos e a problemática que os rodea, mostrando finalmente a maneira na que a ECIMAT e o grupo de Ecoloxía Costeira do CIM-UVigo están aportando o seu granito de area para mitigar a súa problemática.

A charla emitirase a través das canles de #AfundacionEnCasa e do Campus do Mar.

Á volta do verán retomarase esta iniciativa con outra tres conferencias.

Vídeos