O día 6 de novembro celébrase na ECIMAT unha nova xornada de acuicultura sustentable onde se presentarán os resultados do proxecto VALACUI “Estrategias Innovadoras para la Valorización de residuos de la Acuicultura“, liderado por AZTI coa colaboración da PTEPA.
O proxecto VALACUI, financiado pola Fundación Biodiversidade e polo Ministerio para la Transición Ecológica, a través do Programa Pleamar do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, ten como obxectivo fomentar unha acuicultura sustentable e o uso eficiente dos recursos mediante a promoción da innovación e a transferencia de coñecemento no ámbito da valorización dos subproductos da acuicultura.
A xornada terá lugar no salón de actos da ECIMAT entre as 10:00 e as 14:00h e está dirixida aos axentes da cadea de valor da acuicultura (acuicultores, transformadores e xestores de subproductos). A reunión ten como obxectivos presentar e analizar os resultados do proxecto, compartir coñecementos con outros axentes interesados e coñecer as problemáticas e expectativas na valorización de subproductos da acuicultura. Ademáis, abordaránse exemplos de opcións de valorización e a súa aplicación en distintos escenarios.
A esta primeira xornada, que terá lugar en Vigo, continuarán outras dúas en Valencia (14 novembro) e Málaga (15 novembro) e unha sesión final en Madrid (26 novembro), onde se presentarán as conclusións dos talleres anteriores, os resultados finais do proxecto e a “Guía de valorización de subproductos da acuicultura”.
A asistencia ás xornadas é gratuíta e se precisa inscrición previa, xa que o aforo é limitado. Para matricularse é necesario cubrir o formulario de solicitude neste enlace.
A xornada que se celebrará na ECIMAT conta co apoio de Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e o Campus do Mar.