O luns 22 de febreiro terá lugar a presetación do proxecto “ENCORAT: Acciones para reducir la mortalidad accidental del cormorán moñudo (Phalacrocorax aristotelis) en artes de pesca de enmalle en la Demarcación Marina Noratlántica”, liderado polo Grupo de Ecoloxía Animal (GEA) do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM) en colaboración coa Universidade de Oviedo e financiado pola Fundación Biodiversidad.
O corvo mariño cristado é unha ave mariña ameazada que nos últimos anos ten sufrido unha importante regresión en toda España debido á sobrepesca das súas especies presa, a contaminación por hidrocarburos e a mortalidade accidental nas artes de pesca de enmalle. O proxecto ENCORAT, dirixido polo Grupo de Ecoloxía Animal (GEA, CIM) coa colaboración da Universidade de Oviedo, pretende reducir a mortalidade do corvo mariño cristado nas augas galegas e asturianas, mediante a instalación nas redes de dispositivos luminosos tipo LED e o estudo das áreas de alimentación dos individuos e o seu solapamento coas áreas de pesca. Máis información do proxecto ENCORAT.
O evento, dirixido ao sector profesional relacionado coa explotación e xestión dos recursos pesqueiros, a colectivos e persoas implicadas na conservación da natureza, ou a calquer persoa interesada na materia, constará de dous relatorios:
- 12:00 h – Aves marinas y artes de pesca: el caso del cormorán moñudo – David Álvarez, Profesor Ayudante da Universidade de Oviedo
- 12:45 h – El Proyecto ENCORAT: objetivos y acciones a desenvolver – Álvaro Barros, investigador do Grupo de Ecoloxía Animal e técnico contratado do proxecto.
A conferencia será realizada de xeito virtual, sendo retransmimtida en directo través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Para acceder, siga as seguintes instrucións:
- Premer a URL de acceso á sala virtual ”S00-Auditorio Principal”: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/928607699
- Acceder como estudante, introducindo nome completo e entidade (se procede) e a seguinte contrasinal: 6rAsLWyz
- Acceder á sala de videoconferencia
- Seleccionar a modalidade de acceso con micrófono e silenciar o mesmo ata o turno de preguntas.
O relatorio estará dispoñible de forma permanente nas webs e canais do CIM-UVigo e UVigoTV.
Vídeos
- Apertura del acto Alba Hernández Otero - CIM
- Aves marinas y artes de pesca: el caso del cormorán moñudo David Álvarez - Universidad de Oviedo
- Proyecto ENCORAT: objetivos y acciones Álvaro Barros - CIM