Anfaco-Cecopesca traballa xunto co CIM na producción de mexilóns máis resistentes ao cambio climático

Martina Miser. Faro de Vigo

Os 3.373 criade­iros flotantes ou bateas rexistradas en Ga­licia xeran uns 11O millóns de euros anuais. De momento, a semente de mexillón recóllese en rocas do lito­ral ou en cordas colectoras col­gadas nas bateas, pois é suficien­che para cubrir a demanda. Con todo, o progresivo incremento da temperatura do océano, así como a súa aci­dificación poden ameazar a produción de Mytilus galo­provincialis nas rías galegas.

Anfaco- Cecopesca, a Asociación Nacional de Fabricantes de Pes­cados e o seu centro tecnolóxico de investigación traballa en colaboración co CIM nas súas instalacións da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT, CIM-UVigo) no proxecto Musselect, que busca méto­dos de baixo custo e escalables pa­ra a produción de semente con características melloradas de ren­demento e supervivencia.

Toda a información sobre o proxecto en La Voz de Galicia e no blog de Anfaco-Cecopesca.