O vindeiro venres 4 de marzo ás 11:00 h, no salón de actos da ECIMAT, continúa a VI edición do Programa Café con Sal. Nesta ocasión será Raquel Fernández, investigadora da Universidade de Vigo, quen nos presentará parte dos resultados da súa tese doutoral coa charla titulada “Uso da cor da glándula dixestiva das paralarvas de polbo como indicador do inicio da alimentación esóxena“.
A alimentación das paralarvas do polbo Octopus vulgaris Cuvier, 1797 nos seus primeiros días de vida é un factor crítico. O desenvolvemento de técnicas de cultivo que aseguren a supervivencia das larvas durante este período é fundamental e require dun profundo coñecemento dos mecanismos de nutrición e da súa relación co desenvolvemento do sistema dixestivo e do metabolismo desta especie. Nesta charla Raquel Fernández presentará os resultados sobre o uso da cor da glándula dixestiva como indicador da alimentación exóxena durante esta fase de vida tan crítica, co fin de achegar coñecementos para o cultivo dunha das especies comerciais máis importantes de Galicia: o polbo.
Este estudo encádrase dentro do proxecto OCTOWELF: “Benestar e saúde nas primeiras fases de vida do polbo común: Efecto da nutrición e dos factores ambientais”, no que participan varias institucións como o IEO de Vigo e Canarias, as Universidades de Vigo, Granada y la Laguna; e o CSIC de Vigo. O traballo foi realizado en colaboración entre o Departamento de Ecoloxía e Bioloxía animal da Universidade de Vigo e o Instituto de Investigación Mariña Havforskningsinstituttet de Noruega, onde Raquel Fernández realizou varias estancias grazas á Asociación CephsinAction.
Agradecemos e esperamos a vosa asistencia.
Ver cartel.