Entre os días 13 e 16 de novembro de 2015 celebrouse o XV Congreso Nacional de Acuicultura / I Congreso Ibérico de Acuicultura en Huelva. Este congreso supuxo un punto de encontro que permitiu poñer en común a investigación realizada en España e Portugal no ámbito da acuicultura, analizar os retos aos que se enfrenta o sector e identificar as actuacións que mellor poden contribuir a superalos, ben sexa dende o ámbito académico, da administración ou das empresas.
Como en edicións anteriores, o congreso obtivo moi boa acollida, superando o número medio de comunicacións recibidas noutros anos. Así, expuxéronse un total de 286 comunicacións científicas complementadas con 24 intervencións de expertos en diversas materias, agrupadas nas seguintes sesións temáticas: alimentación e nutrición, reprodución, diversificación, tecnoloxías ecoeficientes para a produción acuícola, acuicultura multitrófica integrada, cultivo de algas auxiliares, tecnoloxía de cultivo de moluscos e peixes, sanidade de moluscos, crustáceos e peixes, o cultivo de bivalvos e a súa xestión sanitaria, xenética e xenómica, inmunoloxía e proteómica, reprodución en cautividade do linguiado senegalés, mellora da produtividade de dourada e lubina, fisioloxía e benestar animal, calidade e valorización dos produtos acuícolas, transformación e comercialización, sostenibilidade e medio ambiente, plans estratéxicos de acuicultura en España e Portugal 2014-2020, prioridades e financiación da I+D+I en acuicultura, dinamizacón empresarial e emprendemento e socioeconomía. Desta forma, cubríronse todas as temáticas que suscitan maior interese e preocupación na acuicultura actual. Ademais destas comunicacións, impartíronse dúas conferencias plenarias por Marisol Izquierdo e Cristina Garmendia e realizouse unha visita ao centro IFAPA Agua del Pino.
A ECIMAT contribuíu a este congreso mediante a presentación dos seguintes traballos de investigación (para consultar os resumos prema en cada un dos títulos):
Comunicaciones orais:
- Crecimiento y mortalidad de postlarvas de almeja babosa Venerupis corrugata (Gmelin, 1791) alimentadas con una dieta comercial de rotíferos. R. Cueto-Vega, N. Costoya, A. Casal, M. González y D. Costas. E-mail: dcostas@ecimat.org
- Efecto de la dieta en el acondicionamiento de la almeja babosa (Venerupis pullastra) y el berberecho (Cerastoderma edule). M. Ferreira, D. Costas, G. Ballón, N. Costoya, A. Martínez y M. González. E-mail: dcostas@ecimat.org, gballon@anfaco.es
- Optimización de la temperatura de incubación y uso del vitelo en Octopus vulgaris. R. Fernández-Gago, F. Rocha y D. Peñalosa. E-mail: raquelfernandezgago@gmail.es, frocha@uvigo.es
Posters:
- Cultivo de microalgas marinas en fotobiorreactor mediante LEDs y fluorescentes. M. González, A. Casal, N. Costoya y D. Costas. E-mail: dcostas@ecimat.org
- Modelos no lineales de crecimiento de larvas y postlarvas de berberecho Cerastoderma edule (L.) en condiciones de laboratorio. R. Cueto-Vega, A. Hernández, A. Casal, N. Costoya, M. González y D. Costas. E-mail: rosacuetovega@gmail.com, dcostas@ecimat.org. Poster.
- Crecimiento de semilla de berberecho Cerastoderma edule L. en cultivo suspendido. A. Hernández-Otero, A. Casal, N. Costoya, M. González y D. Costas. E-mail: ahernandez@ecimat.org, dcostas@ecimat.org. Poster.
- Evaluación del estado zoosanitario del berberecho común, Cerastoderma edule (L.) en cultivo suspendido en la Ría de Vigo. J.J. Rodríguez, A. Casal, N. Costoya, M. González, R. Rodríguez y D. Costas. E-mail: dcostas@ecimat.org. Poster.
- Uso del etanol como anestésico en paralarvas del pulpo Octopus vulgaris: una contribución al bienestar de los cefalópodos en cultivo. F. Rocha,, R. Fernández-Gago y L. Mantilla-Aldana. E-mail: raquelfernandezgago@gmail.es, frocha@uvigo.es. Poster.
Para máis información sobre o congreso visite www.seacongresos.org