Presentacions Sanxenxo

cabez2

Os pasados 29 e 30 de xuño de 2010 celebráronse na Sede Naútica de Caixa Galicia en Sanxenxo as xornadas “Explotación Sustentable de Recursos Marisqueiros e Acuícolas”. A primeira das dúas xornadas centrouse na acuicultura mentres que a segunda foi adicada ao marisqueo.

As xornadas rexistraron unha ampla asistencia composta maioritariamente de investigadores, profesionais do sector e traballadores das administracións con competencia neste eido,  e no seu desenvolvemento exploraron ferramentas que permitan controlar, diversificar, reducir o impacto e mellorar a eficiencia das actividades acuícolas e marisqueiras co fin de garantir a súa sustentabilidade.

A continuación pódense descargar as ponencias presentadas nas xornadas:

Día 1 – Acuicultura

Conferencia 1: “O papel do cultivo de macroalgas na sustentabilidade da acuicultura galega” – Javier Cremades Ugarte

Conferencia 2: “Novo sistema de control da producción de mexillón en bateas” – Matías García Rivera

Conferencia 3: “Certificación de boas prácticas na producción acuícola” – Jacobo de Novoa

Conferencia 4: “Os cultivos mariños como ferramenta para a explotación sustentable de recursos marisqueiros” – Alejandro Pérez Camacho

Conferencia 5: “Acuicultura e xestión integral de zonas costeiras” – Gonzalo Méndez

Conferencia 6: “Utilización de Sistemas de Recirculación de auga como ferramenta para reducir o impacto ambiental das instalacións de cultivos mariños” – Sergio Devesa

Conferencia 7: “Cultivo de Rodaballo en Galicia” – Jacobo Fernández Casal

Conferencia 8: “Utilización de subproductos da industria alimentaria no cultivo da orella de mar, Haliotis tuberculata” – Jorge Hernández

 

Día 2 – Marisqueo

Conferencia 1: “Programas de repoboación mariña en Galicia” – Carlos Mariño

Conferencia 2: “O proxecto colectivo Rías Altas: unha aproximación integral ao estudo dos recursos marisqueiros das rías de Ortigueira, O Barqueiro, Viveiro, Foz e Ribadeo” – Xosé Antón Álvarez Salgado

Conferencia 3: “Plans experimentais de explotación de anemonia viridis en Galicia” – Vicente Lustres

Conferencia 4: “Valor engadido nos productos pesqueiros: Ecoetiquetado Internacional MSC Navalla Ría de Pontevedra Vs Iniciativa Local Polbo das Rías” – Alberto Garazo & Pedro Ferreiro

Conferencia 5: “Ferramentas para o asesoramento na xestión dos recursos marisqueiros” – Jose Manuel Parada