O CIM prioriza a captación e retención de talento investigador a través dunha estratexia que facilita o desenvolvemento profesional do persoal científico e técnico do Centro, a través dunha formación continua e especializada adecuada ás necesidades e demandas actuais. Isto contribúe a manter e mellorar a nosa capacidade de investigación, transferencia, e impacto na sociedade.
A xestión de talento do CIM baséase na acreditación HR Excellence in Research Award e o selo de Excelencia HRS4R obtidos pola UVigo, que representan o noso compromiso coa mellora continua, aliñando as nosas estratexias e políticas de recursos humanos cos principios da Carta Europea para o persoal investigador e o Código de Conduta para a contratación de persoal investigador (C&C).
O CIM segue dúas vías principais para captar e reter talento: a través de recursos propios e mediante convocatorias externas competitivas nacionais como R&C e JdC ou europeas como ERC ou MSCA, combinándoo con convocatorias propias de captación de investigadores/as externos/as con recoñecemento internacional.
No CIM o talento é o noso activo máis valioso.
Queres saber máis?