A ECIMAT dispón das infraestruturas necesarias para desenvolver proxectos de investigación de temática mariña.

A ECIMAT dispón de varias salas e laboratorios con diferentes infraestruturas para levar a cabo proxectos de investigación e para desenvolver os servizos propios de apoio á investigación. Na sección Instalacións pódese consultar a ubicación e características de cada un destes espazos.

Os laboratorios contan con equipamento de análise, microscopía, medida ou esterilización e equipos de procesamento e conservación de mostras. Así mesmo, a Estación conta con equipamento de mostraxe oceanográfico e equipamento de mergullo. Todos os equipos están sometidos a procedementos de mantenza preventiva e, no caso dos equipos de medida, a procesos de calibración e verificación.

Para consultar as características de cada un dos espazos ou equipos e solicitar o seu uso pulse o vínculo Solicitar un servizo e seleccione o recurso desexado.

Para facer algunha consulta sobre as instalacións ou equipos envía un correo ao persoal da ECIMAT: