A ECIMAT proporciona apoio en calquer actividade científica que teña lugar no medio mariño, dende mostraxes de auga, sedimento, organismos planctónicos, bentónicos ou peláxicos ata mostraxes oceanográficas.
A fin de apoiar en calquera tipo de actividade de acceso os ecosistemas costeiros, a Estación conta con persoal de apoio (mergulladores profesionais e patróns), dúas embarcacións (zodiac de 5.5 m e unha embarcación de poliéster cabinada de 7.5 m), unha pick-up, equipos de mergullo, material de mostraxe biolóxica (mangas de plancton, dragas, barutos etc.), equipos de mostraxe oceanográfica (CTD, sonar de barrido lateral etc.) e un pantalán con zona de desembarque e dúas prazas de amarre.
Para coñecer as características das principais infraestruturas é conveniente acceder ao apartado Instalacións. Para consultar as características dos equipos ou facer uso destes servizos premer na ligazón Solicitar un servizo e seleccionar o recurso ou servizo desexado. Para máis información contactar con Enrique Poza.