Denominación do proxecto ou actividade: How can Fisheries contribute more to a sustainable future
Investigadora principal: Elena Ojea Fernández-Colmeiro
Referencia: FISHERIES
Departamento: X06 Economía aplicada
Partida orzamentaria: E200131H6461011
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)
Número de prazas: 1
Traballo a realizar: xestor/a de proxectos
Funcións a realizar: En coordinación coa investigadora principal do grupo FOL, a/o candidata/o colaborará na xestión, seguemento e execución de proxectos de investigación en curso – redacción de informes económicos e científicos -busca de opcións de financiamento e axudas autonómicas/nacionais/internacionais -interlocución cos servicios da Universidade de Vigo – control e seguimento de gastos actividades de comunicación e transferencia dos resultados da investigación, así como a súa difusión en redes sociais e na web do grupo.
Retribución bruta mensual: 2.000,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma
Xornada laboral: Tempo completo (37.5 h/semana)
Categoría laboral: Técnico/a Superior de apoio á investigación modalidade B (Titulación Universitaria Superior)
Centro de traballo: CACTI
Duración do contrato: 5 meses e 18 días
REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS
Titulación requirida: Mestrado en administración de empresas, economía, ciencias medioambientais ou afíns
Méritos a valorar:
- Titulación/ Formación académica relacionada coa descripción do posto de traballo e coñecemento de idiomas (requírese nivel medio-alto de inglés e valorarase idioma castelán e galego)
- Experiencia profesional e adecuación do CV da/o cancidata/o as funcións a realizar: experiencia demostrable nos seguintes campos: xestión de proxectos científicos rexionais, nacionais, e internacionais (marcos europeos H2020, Interreg, etc), experiencia cos sistemas centralizados empregados nas universidades ou institucións académicas similares para a xestión financieira, a xestión de recursos humanos ou contratación de servicios e suministros; experiencia en comunicación en inglés, contribución a informes e entregables científicos, realización de presentacións e comunicación de conceptos científicos para públicos diversos en diversos medios; experiencia en divulgación da investigación, organización de eventos, redes sociais e outras ferramentas de comunicación.
- Carta de motivación(en inglés, 500 palabras max) explicando por que o seu perfil é o indicado para o posto, e a motivación para avanzar na súa carreira profesional traballando no posto
- Entrevista persoal. A entrevista realizarase únicamente ós/ás 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos.