1. Descrición
A/O candidata/o deberá desenvolver o seu traballo como técnica/o no proxecto de investigación OCIMER+: Enfoque holístico para el cultivo y conservación de Paracentrotus lividus (Lamarck, 1816) financiado pola fundación Biodiversidad na convocatoria Pleamar 21. As tarefas a realizar pola/o técnica/o de investigación serán:
Examinar as infecións parasitarias e as patoloxías asociadas en diferentes especies de ourizos de mar. Coñecer o comportamento dos parásitos que infectan aos ourizos de mar baixo a influencia de diversas condicións ambientais, evaluando os posibles riscos de trasmisión. Estudar a relacion entre parametros relacionados co cambio climático e a bioloxía/ecoloxía do ourizo de mar
2. Requisitos
- Grao en Ciencias do Mar ou Bioloxía
- Experiencia en investigación en Parasitoloxía de organismos mariños
- Forte motivación para a investigación
- Experiencia no campo do estudo das comunidades parasitas
3. Criterios de valoración
Formación: (40%):
- Expediente académico
Experiencia: (30%):
- Investigación o especialización relacionada coa Parasitoloxía Mariña
Entrevista (30%):
- Realizaranse entrevistas persoais ás/ós candidatas/os preseleccionados, no caso de ser necesario. As persoas seleccionadas para a entrevista en caso de ser necesaria deberán acreditar todos os méritos presentados.
4. Condicións
- Contrato laboral grupo 1.
- Adicación: Tempo completo
- Inicio do contrato: Inicios de 2022 (supeditado á firma e condicións do convenio de financiación).
- Salario bruto: 1500 euros/mes.
- Xornada de traballo semanal: 37,5 horas/semana.
- Duración do contrato: Máximo de 8 meses (período de proba de 3 meses)
- Centro de traballo: Estación de Ciencias Mariñas de Toralla – Illa de Toralla (Coruxo, Vigo) e Facultade de Ciencias do Mar (Campus de Vigo).
5. Presentación de solicitudes e prazo
- As persoas candidatas deben enviar a solicitude (Anexo II) e CV con indicación expresa dos méritos solicitados a ocimer@ecimat.org co asunto: “proxecto OCIMER+ PRAZA TECNICO 2”. (Pódense achegar 1 ou 2 cartas de recomendación)
- Prazo de presentación de solicitudes: ata as 14:00 horas do 20 de decembro de 2021.
- Achegar en PDF o expediente académico e CV completo (que deberá conter todos os xustificantes correspondentes aos méritos alegados).
- As persoas seleccionadas poden ser convocadas para a entrevista en caso de ser necesaria.
6. Comisión de Avaliación
- Presidente: José Manuel García Estévez
- Vogal 1: Damián Costas Costas
- Vogal 2: Estefanía Paredes Rosendo
- Vogal 3: Ángel Pérez Diz
Prazo de recepción de solicitudes: ata as 14:00 horas do 20 de decembro de 2021
7. Resolución
Candidatos preseleccionadas/os as prazas de técnicas/os de investigación
PRAZA TÉCNICA/O 2
Fernández Vázquez, Fabio (70,0)
Tras a valoración dos méritos dos/das candidatos/as á praza de técnico/a 2 non é necesaria a convocatoria de entrevista, sendo seleccionado o candidato Fernández Vázquez, Fabio.
Rematado o proceso de avaliación para a selección das prazas de técnicas/os de investigación, propoñénse as/os seguintes candidatas/os:
PRAZA TÉCNICA/O 2
Fabio Fernández Vázquez