O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo) convoca unha praza para a contratación laboral temporal de persoal investigador para o reforzo da liña de investigación “Explotación sustentable dos recursos mariños”. O candidato seleccionado traballará como técnico de apoio á investigación no grupo de investigación Future Oceans Lab (FOL) baixo o proxecto “CLOCK: Climate Adaptation to Shifting Stocks”.
No seguinte documento pode consultar os requisitos dos solicitantes, e os procedementos de solicitude, selección e resolución da presente convocatoria. No Anexo I do documento especifícanse as características que contén a praza ofertada.
- Convocatoria e Anexo I Praza CIM-3-2019_FOL (PDF, 323 Kb)
- Anexo II (doc.x)
- Listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as (PDF, 296 KB)
- Listaxe provisional de adxudicación (PDF, 299 kb)
- Listaxe definitivo de adxudicación (PDF, 280 Kb)
Máis información na páxina web do Future Oceans Lab