O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo ofrece un contrato de técnico de apoio á investigación para o reforzo da liña de investigación “Observación do océano e cambio global.
Condicións xerais:
- Duración: 4 meses
- Data prevista de inicio: xuño de 2021
- Xornada de traballo: Tempo completo
- Lugar de traballo: Facultade de Ciencias do Mar, Universidade de Vigo.
Requisitos:
- Grao ou licenciatura en Ciencias do Mar
- Experiencia acreditada en procesado e mostraxe de sedimentos en laboratorio para análise granulométrico e composicional e participación en campañas oceanográficas
- Disponiblidade para o embarque en campaña oceanográfica do 21 de xuño ao 15 de xullo de 2021
Criterios de valoración:
- Experiencia acreditada no procesado e mostraxe de sedimentos en laboratorio para análise granulométrico e composicional e participación en campañas oceanográficas (60%)
- CV nos ámbitos da actividade a realizar (10%)
- Entrevista (30%)
Solicitude
As persoas candidatas deben enviar a solicitude en modelo normalizado (Anexo II) e CV con indicación expresa dos méritos solicitados a mnombela@uvigo.es.
Data límite: 23 de abril ás 15:00.
No seguinte enlace pode consultar a convocatoria, na que se describen os requisitos dos solicitantes, o procedemento de selección e as características da praza ofertada, e o documento de solicitude (Anexo II):