O Grupo de Ecoloxía Costeira (EcoCost) do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo) busca unha persoa candidata para a realización dunha tese doutoral en criobioloxía aplicada ao medio mariño, a desenvolver no Servizo de Preservación Funcional dos Recursos Biolóxicos Mariños da ECIMAT (Universidade de Vigo), baixo a dirección da Dra. Estefanía Paredes e o Dr. Jesús Troncoso.
Descrición:
O equipo de dirección ten experiencia en criobioloxía teórica e aplicada, ademais de criopreservación de células de invertebrados mariños como ourizo de mar ou o mexillón e a súa liña de investigación é punteira a nivel mundial na aplicación de criobioloxía no medio mariño (Paredes, 2015; Paredes and Mazur 2016; Pheres et ao. 2019).
A temática da tese centrarase na utilización de técnicas punteiras de “ VITRIFICACIÓN CON DESCONXELACIÓN ULTRA-RÁPIDA POR LÁSER PARA A CRIOPRESERVACIÓN DE OVOCITOS E EMBRIÓNS DE ORGANISMOS MARIÑOS MODELO”, de interese comercial en acuicultura e conservación da biodiversidade.
Búscase alguén con interese en desenvolver estudos da criopreservación, funcionamento da desconxelación laser, traballo de análise de microscopia electrónica de trasmisión e varrido e estudo de parámetros de detección do dano e procesos apoptóticos en invertebrados mariños. A tese permitirá avanzar no coñecemento dunha técnica nova como é a vitrificación con desconxelación laser con repercusións na criopreservación de ovocitos, o cal supoñerá un avance extraordinario neste campo de investigación.
Ofrécese formación dentro do Programa de Doutoramento de Campus de Excelencia Internacional “ Do Mar” (Ciencias mariñas, tecnoloxía e xestión). Data de prematrícula: 1-12 Sept 2019.
Financiamento:
O candidato/a debe ter un expediente competitivo para a solicitude de bolsas/contratos predoctorais nas próximas convocatorias (UVIGO, XUNTA, FPU, DO MAR…).
Requisitos:
- Grao recente en Bioloxía ou Ciencias do Mar.
- Nivel medio/alto de inglés.
- Expediente competitivo para a obtención de axudas.
- Valorarase TFM en temática relacionada, asistencias a congresos e artigos publicados.
Solicitude:
Enviar carta de presentación, currículo detallado,e a documentación sobre cualificaciones de Grao e master a E. Paredes eparedes@uvigo.es
Data límite: 4 setembro (Inclusive).
Proceso de selección:
As persoas preseleccionadas serán notificadas vía mail o día 5 de setembro e serán entrevistadas en persoa ou vía Skype o venres día 6 de setembro.
Notificarase ao finalista antes do día 9.
Data de prematrícula obrigatoria: 1-12 Sept 2019.