Oferta de contrato predoutoral Programa FPI para a realización de Tese Doutoramento-2022. Proxecto ACID

Descrición

Ofértase un contrato para a realización dunha tese doutoral dentro do proxecto ACID, que ten por obxectivos xerais determinar o papel do incremento de CO2sobre a fisioloxía, composición, estrutura e produtividade das comunidades naturais de plancto microbiano dos sistemas costeiros. O proxecto céntrase no estudo do efecto do CO2 sobre as comunidades de fitoplancto das Rías Baixas e na súa interacción con importantes variables fisicoquímicas, tamén relacionadas co Cambio Global, como son a intensidade do afloramento costeiro e a descarga de nutrientes. Así mesmo, tendo en conta a relevancia socioeconómica da produción biolóxica de orixe mariña nas Rías Baixas analizarase o impacto sobre diferentes especies con relevancia económica na área de estudo. O proxecto está liderado polo grupo de Oceanografía Biolóxica (I.P. Cristina Sobrino http://gobio.webs.uvigo.es/) en colaboración co Environmental Physics Laboratory (I.P. Inés Álvarez) e o Future Oceans Lab (I.P. Elena Ojea), pertencentes ao Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo. A presenza no proxecto das diferentes IPs e de socios de renome nacional e internacional (EEUU, Finlandia) aseguran un enfoque multidisciplinar, unha vision colaborativa entre os diferentes grupos de investigación e a asistencia a foros científicos internacionais. A parte experimental do proxecto inclúe mostraxes mensuais ao longo de transectos costa-océano e dos periodos de mostraxe intensiva na Ría de Vigo e a Ría de Muros-Noia e procesado de mostras e análises das variables de estudo en laboratorio (Campus de Vigo-ECIMAT).

Requisitos e méritos a valorar

Requírese ter cursado o grao en Bioloxía, Ciencias do Mar, Oceanografía, Ciencias Ambientais ou similar. Valorarase o expediente académico, o dominio de inglés, os estudos de mestrado en Oceanografía, Bioloxía Mariña ou titulacións equivalentes, e a experiencia acreditada en investigación (publicacións, congresos, etc.). Así mesmo, valorarase a experiencia no uso de metodoloxías de mostraxe de plancto, análises de variables oceanográficas (especialmente as relacionadas coa oceanografía biolóxica e o  fitoplancto) e análise de datos por ordenador.

Prazo de presentación, tramitación e condicións do contrato

Do 12 al 26 de xaneiro de 2023 a las 14:00 (hora peninsular), na web do MICINN.

As condicións e requisitos do contrato pódense atopar nesta ligazón.

Para máis información: Cristina Sobrino (sobrinoc@uvigo.es; perfil Scopus)