Oferta contrato técnico de laboratorio especialista en ecotoxicoloxía mariña

O equipo de  Ecotoxicoloxía e contaminación mariña (Ecotox) do grupo  Ecoloxía  Costeira (EcoCost, CIM-UVigo), oferta un contrato de técnico de laboratorio especialista en  ecotoxicoloxía mariña con cargo ao Proxecto  PID2019-108857 RB- C32, “AVALIACIÓN  ECOTOXICOLÓXICA DE  POLÍMEROS RECICLABLES E  BIOPOLÍMEROS (ECOPLAS)”, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Programa I+D+i Orientado a los Retos de la Sociedad, convocatoria 2019).

Requisitos:

  • Titulación FP2, grao superior cultivos mariños, análises de laboratorio ou análogo.
  • Experiencia en realización de bioensaios  ecotoxicolóxicos mariños: test de ourizo,  copépodos,  microalgas.
  • Titulación de experimentación animal, A e  B (Orde  ECC/566/2015)

Criterios de valoración:

  • Experiencia profesional en postos similares
  • Capacidade de organización

Condiciones contractuais:

  • Duración: dous anos (24 meses) (6 meses período de proba)
  • Dedicación: a tempo completo (40  h semanais)
  • Retribución bruta mensual: 1500,00 €
  • Lugar de traballo:  Ecimat, CIM- Universidade de Vigo.

Solicitudes

Interesados enviar CV en formato .pdf, carta de presentación e dúas cartas de referencia por e-mail a beatriz.noya.marino@uvigo.es, ANTES DO 18 DE OUTUBRO DE 2020. No asunto do e-mail deberá indicarse “Contrato Técnico  Ecotox”.

Proceso de selección:

Segundo Currículo, experiencia laboral, cartas de referencia (dúas) e entrevista (en persoa ou por  Skype).

A selección levarase a cabo polo IP do equipo Ecotox, o Profesor Ricardo Beiras García-Sabell, e un membro do seu equipo (por determinar).

Os aspirantes poderán ser requiridos para achegar a documentación xustificativa dos méritos enunciados no CV.

A lista de adxudicación definitiva do contrato ofertado e a lista de reserva serán publicadas.