O equipo de investigación Ecotox do grupo de Ecoloxía Costeira do CIM-UVigo, oferta un contrato posdoutoral dentro do proxecto GLAUKOS.
Condicións xerais:
- Tempo completo (40 h / semana), comezando en xullo de 2020
- Duración: 3 anos (período de proba de 6 meses)
- Salario: ata 35.000 eur/ano (salario bruto),segundo a cualificación do/a candidato/a.
- Data incorporación: xullo 2020
Tarefas a realizar:
- Investigación dos procesos de degradación de biopolímeros no medio ambiente e o seu impacto no mesmo, utilizando modelos experimentais acuáticos.
- Investigación sobre os efectos de polímeros e aditivos plásticos en organismos modelo acuáticos, a nivel molecular (expresión xénica, ómica).
- Preparación de manuscritos, informes e publicacións.
- Actividades de divulgación: asistencia a congresos internacionais, ciencia popular.
Requisitos:
- Doutorado en bioloxía, ciencias ambientais ou similares.
- Experiencia en probas de biodegradación, preferiblemente en medio acuático (por exemplo, ISO-14851, ISO-16221).
- Excelente coñecemento de técnicas moleculares aplicadas ás ciencias ambientais (electroforesis, qPCR, actividades enzimáticas, ELISA, ómicas).
- Dominio fluído do idioma inglés
- Titulación académica e/ou acreditacións profesionais pertinentes para realizar ensaios con animais, segundo a normativa da UE (Directiva 2010/63 / UE, Orden ECC / 566/2015).
Proceso de selección
Os/as interesados/as deberán enviar os seguintes documentos: carta de presentación, CV, os seus datos de contacto, datos de contacto de duas persoas de referencia. As solicitudes deberán enviarse a beatriz.noya.marino@uvigo.es, indicando no asunto do correo electrónico a referencia: “GLAUKOS-Ecotox PostDoc Position“.
Tamaño total máximo de documentos adxuntos: 5 MB.
Data límite: 15/06/2020 23:00 – Europa/Bruselas
Máis información en Euraxess