Denominación do proxecto ou actividade: Programa de Ciencias Mariñas-Galicia
Investigador principal: Francisco Javier Rocha Valdés
Referencia: Ciencias Mariñas-FEMP FEMPA
Departamento C04 Ecoloxía e bioloxía animal
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)
Número de prazas: 1
Traballo a realizar: Estudo histolóxico de paralarvas de polbo
Funcións a realizar: Preparación de mostras, realización de cortes e tinción de preparacións histolóxicas de
paralarvas de polbo. Estudo de mostras e interpretación de resultados.
Retribución bruta mensual: 1.221,75 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma
Xornada laboral: 20 horas/semana
Categoría laboral: Investigador modalidade B (Titulación Universitaria Superior)
Centro de traballo: Facultade de Ciencias do Mar do Campus de Vigo
Duración do contrato: 6 meses
REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS/AS
Titulación requirida: Licenciado ou graduado en Bioloxía, Ciencias do Mar e áreas afíns.
Méritos a valorar:
- Formación académica e experiencia profesional en universidades, institucións e empresas. Valorarase a formación en histoloxía e técnicas de laboratorio. Tamén se o adestramento é específico de cefalópodos.
- Experiencia en preparación e análise de mostras histolóxicas. Valoraranse especialmente os estudos en cefalópodos.
- Experiencia demostrada no estudo de cefalópodos. Valoraranse especialmente os estudos con paralarvas de polbo.
- Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente con aqueles candidatos que, na suma dos seus méritos, acaden un mínimo de 50 puntos.