Denominación do proxecto ou actividade: How can Fisheries contribute more to a sustainable future
Investigadora principal: Elena Ojea Fernández-Colmeiro
Referencia: FISHERIES
Departamento: X06 Economía aplicada
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)
Número de prazas: 1
Traballo a realizar: Tarefas de investigación e desenvolvemento no ámbito da sostibilidade do alimento procedente do mar
Funcións a realizar: En coordinación co grupo FOL, a/o candidata/o unirase a unha investigación multidisciplinar onde combinará as ciencias sociais e naturais, incluindo compoñentes ecolóxicos, sociais e económicos. Levará a cabo as seguintes tarefas (non limitadas): Analizar o sistema alimentario da pesca; Estudar as percepcións e a capacidade adaptativa dos pescadores/as; Dilucidar que factores determinan a adaptación ou transformación do sistema; Analizar a percepción dos consumidores frente os cambios na pesca nun contexto de cambio climático. Estas tarefas inclúen diferentes métodoloxías (operacionalización dos marcos teóricos de Capacidades Adaptativas e o continuo de Adaptación a través de indicadores; identificación de tipos de organización con consultas sociais, ou a análise estatística entre grupos e modelos econométricos). Valorarase incluir a perspectiva de xénero. Colaborará nas actividades de coordinación, comunicación e transferencia do proxecto en curso.
Retribución bruta mensual: 2.000,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma
Xornada laboral: Tempo completo (37.5 h/semana)
Categoría laboral: Técnico Superior de apoio á investigación modalidade A (Doutor)
Centro de traballo: CACTI
Duración do contrato: 6 meses
REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS
Titulación requirida: Doutorado en Xestión, Tecnoloxía, e Ciencias Mariñas ou campos afíns
Méritos a valorar:
- Titulación/ Formación académica relacionada coa descripción do posto de traballo e coñecemento de idiomas
(requírese nivel alto de inglés e valorarase idioma castelán e galego) - Experiencia profesional e adecuación do CV da/o cancidata/o as funcións a realizar: Experiencia demostrable nos seguintes campos: Experiencia no estudo de sistemas socio-ecolóxicos mariños, no estudo do cambio climático e nos seus efectos no medio mariño, no estudo da pesca artesanal e da súa adaptación fronte os impactos do cambio climático, no traballo con actores principais do sector mariño (tomadores de decisións, xestores, pesca, academia, etc.), así como a comunicación e divulgación de resultados científicos a ditos actores e público xeral por medio de diferentes formatos (charlas, contido audiovisual, ou outros medios). Experiencia no estudo da xestión de recursos mariños, e/ou traballo con índices socio-ecolóxicos. Requírese destreza na análise de datos e programación con R, Phyton ou similar, e uso avanzado de Excel, o uso de Github ou similar, a análise espacial con R ou GIS, e/ou a análise econométrico con STATA o similar. Requírese experiencia no deseño e realización de enquisas ou talleres participativos, e na comunicación e divulgación de resultados científicos (publicaciones científicas).
- Carta de motivación(en ingles, 500 palabras max) explicando por que o seu perfil é o indicado para o posto, e a motivación para avanzar na súa carreira profesional traballando no posto
- Entrevista persoal. A entrevista realizarase únicamente ós/ás 2 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos.