Vén ao CIM-UVigo!
Somos un dos 8 Centros de Investigación de Galicia e somos un dos referentes na investigación mariña europea e líder na EuroRexión Galicia-Norte de Portugal, centrando a nosa misión na xeración de coñecemento de excelencia en ciencia mariña, na transferencia dese coñecemento para beneficio da sociedade, e na internacionalización da actividade investigadora da Universidade de Vigo no ámbito do mar.
O CIM-UVigo está composto por preto de 200 investigadores e investigadoras que desenvolven o seu traballo nas seguintes áreas temáticas:
- Acuicultura e explotación sostible dos recursos
- Biodiversidade e servicios ecosistémicos
- Cambio global e contaminación
- Enerxías renovables e novos recursos
- Xestión integrada da zona costeira
No CIM-Uvigo dispoñemos das capacidades e equipamentos de investigación necesarios para tomar aproximacións multifocais e explotar sinerxias para abordar estudos mariños a gran escala que dean resposta aos complexos problemas cos que se enfrenta o mar. Concretamente:
- Temos unha ubicación privilexiada nun entorno natural incomparable, xa que a Ría de Vigo é un dos sistemas naturais de maior biodiversidade de Europa
- Dispoñemos de arquivos sedimentarios do cambio climático dos últimos 10000 ka
- Contamos cos medios de experimentación e análise máis completos de Europa, asistidos polo persoal técnico máis competente.
Se es persoal investigador postdoutoral, con experiencia en:
- Enerxía renovable e novos recursos
- Xestión integrada da zona costeira
- Biodiversidade e servizos ecosistémicos
- Cambio global e contaminación
- Acuicultura e explotación sostible
e estás interesada ou interesado en solicitar un contrato coas axudas Ramón y Cajal da Agencia Estatal de Investigación (AEI), esta é a túa oportunidade.
Ponte en contacto co CIM-UVigo en dir.cim@uvigo.gal